Emprego
O persoal que formamos parte de GESUGA, sentimos un gran interese polo traballo que desenvolvemos, que é interesante, gozamos de bos compañeiros/as e da posibilidade real de influír no desenvolvemento da mellora continua dentro dun marco eficiente e sostible.
En GESUGA coñecerás de grupos diferentes de persoal, desde punteiros investigadores/as ata operarios/as de procesos recentemente formados/as.
Política de emprego responsable
Impórtannos as persoas. Comprometémonos a garantir que todos teñan unha experiencia laboral positiva traballando en GESUGA, sendo atendidos/as con respecto e oportunidades de crecemento.
Esforzámonos para estar entre os mellores, creando valor dunha forma adecuada e digna de confianza, comprometéndonos, asumindo responsabilidade e operando de maneira sostible, á vez que creamos unha contorna de traballo motivadora.
Oportunidades actuais en GESUGA
- PERSOAL DE MANTEMENTO: Ciclo superior de mecatrónica industrial.
Ou se o desexa pode enviarnos o seu cv á dirección: empleo@gesuga.com