Proceso produtivo
Seguindo o método 4 do regulamento para a transformación de subprodutos animais, Gesuga instalou en Cerceda unha planta de transformación de categoría 1, cunha capacidade de produción de 20.000 quilos á hora.
Na actualidade Gesuga procesa diariamente entre 250.000 e 300.000 quilos de subprodutos.
Despois dun proceso de trituración os subprodutos pasan por un proceso de cocción, deshidratación e esterilización, para obter por un lado, FARIÑAS CÁRNICAS DE CATEGORÍA 1, e por outro GRAXA ANIMAL DE CATEGORÍA 1.
En xuño de 2017, Gesuga inaugura a súa nova planta de transformación de CATEGORÍA 2, cunha capacidade máxima de tratamento de subprodutos de 10 toneladas á hora.
Na planta de transformación de categoría 2, Gesuga procesa os subprodutos de porcino, avícola, cunicular, de piscifactoría, así como aqueles clasificados polos Servizos Oficiais Veterinarios de categoría 2.
NO PROCESO DE TRANSFORMACIÓN, GESUGA OBTÉN FARIÑAS CÁRNICAS DE CATEGORÍA 2, DESTINADAS A EMPRESAS DE FABRICACIÓN DE FERTILIZANTES ORGÁNICOS.
A GRAXA ANIMAL DE CATEGORíA 2, EXPÍDESE A FABRICANTES AUTORIZADOS DE BIODIESEL.
Temos identificado nos procesos os puntos críticos e de control en cor laranxa.