Financiación pública
Este proxecto, con nº de expediente IN852A 2018/14, foi subvencionado na convocatoria Conecta Peme 2018 pola Axencia Galega de Innovación, co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Cofinanciado polos fondos FEDER da Unión Europea.
Descrición do proxecto
O proxecto aborda catro retos de investigación relevantes e actuais nos que se pretende realizar achegas e desenvolver tecnoloxía que avance o estado da arte actual; a saber:
- Planificación Intelixente.
- Etiquetaxe semántico de Traxectorias.
- Representación e Almacenamento eficiente de Traxectorias.
- Desenvolvemento Automatizado do Software.
Os avances científico-tecnolóxicos que se pretenden realizar nestes catro retos de investigación constitúen os 4 obxectivos de investigación ou transversais do proxecto.
Os resultados dos tres primeiros obxectivos de investigación permitirán a creación dos diferentes módulos software que necesitaría unha aplicación avanzada de Xestión de Traballadores Móbiles (GTM) para posibilitar a planificación, o seguimento e o almacenamento e explotación dos traballos diarios de cada traballador/a móbil. Así, cos devanditos módulos implementaranse tres prototipos de aplicacións GTM adaptados, cada un deles, ás necesidades dunha das tres empresas non TIC do consorcio. Estes tres prototipos, que terán unha arquitectura software común, constitúen os 3 obxectivos tecnolóxicos ou verticais do proxecto e servirán para probar e validar as tecnoloxías resultado dos tres primeiros retos de investigación.
Doutra banda, os seus módulos de software, debidamente encapsulados, utilizaranse para crear un cuarto prototipo para a empresa TIC do consorcio, pero que no canto de ser unha aplicación GTM, será unha ferramenta para a xeración de aplicacións GTM, que denominaremos HGAGTM e que constitúe o obxectivo final do proxecto. Para a creación do HGAGTM non só se necesitarán os compoñentes previamente creados, resultado dos tres primeiros retos de investigación, e probados mediante o seu uso nos tres prototipos de aplicacións GTM, senón que ademais será necesario, obviamente, abordar o cuarto reto de investigación.
Entidades participantes
No proxecto GEMA participan catro empresas, GESUGA S.L., TAPREGA S.L., MAYORES S.L. e ENXENIO S.L. e o Centro Tecnolóxico en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña.
O CITIC, subcontratado polas catro empresas participantes é responsáble de todos os traballos de investigación e dirixe as tarefas de desenvolvemento. Pódese atopar mais información sobre as catro empresas do consorcio e sobre os traballos do CITIC para este proxecto nas web correspondentes:
- A0 Mayores Servicios Sociales, S.L.
- Taprega Prevención de Riesgos, S.L.
- GESUGA S.L. (https://www.gesuga.com/proyecto-gema/)
- Enxenio S.L. (https://www.enxenio.es/enxeniolabs/gema-gestion-de-la-movilidad/)
- Centro Tecnológico de la Universidade da Coruña (CITIC).
Resultados do proxecto.
Como xa se indicou, os traballos de investigación debían dar lugar a 3 prototipos de aplicacións para a xestión de traballadores móbiles para cada unha das tres empresas non tecnolóxicas do consorcio. Eses prototipos constituían os obxectivos tecnolóxicos do proxecto.
Os resultados xerais de investigación aparecen descritos na web do CITIC, pois foron os investigadores e investigadoras dese centro os responsable dos mesmos. Do mesmo xeito, a web de cada empresa describe o prototipo realizado para a mesma. Por tanto, aquí tan so describimos os traballos realizados por e para GESUGA.
Hai que destacar que a pandemia co confinamento primeiro e as restricións de contactos despois que levaron ao persoal informático a teletraballar, teñen entorpecido o desenvolvemento do traballo, mais mesmo a pesar deses retrasos temos alcanzado todos os obxectivos do proxecto e temos desenvolvido todas as aplicación ate a súa actual fase de prototipos que despois dun proceso de probas de campo e dos conseguintes axustes serán plenamente funcionais nun futuro. Os principais logros acadados son:
1. Resultados en planificación intelixente de traxectorias.
Os investigadores do CITIC teñen explorado o uso de diferentes algoritmos de planificación de rutas comparando os resultados dos mesmos e optimizando os seus parámetros de execución para lograr afinar unha ferramenta de planificación de rutas óptima e axeitada as nosas necesidades.
Para probar e comparar os diferentes algoritmos e comparalos coa nosa planificación manual actual, se deseñou e implementou un “simulador” que permite seguir o resultado de cada algoritmo executando unha simulación da planificación de rutas dunha semana. O simulador vai recibindo os avisos de unha semana simulando o momento (hora) no que cada aviso é recibido. O simulador fai a planificación diaria de xeito estático cos avisos recibidos ate o momento de xeración da planificación de cada día mais os animais pendentes de días previos. Despois, para os avisos recibidos ao longo do día o simulador fai una modificación dinámica da planificación estática anterior para incluír eses avisos nas rutas xa planificadas.
Para garantir que os camións teñen espazo para incluír eses novos avisos diarios, a planificación estática inicial de cada día calcúlase incluíndo avisos “teóricos” non reais, que corresponden a puntos con gran concentración habitual de avisos. Eses puntos con gran concentración de avisos, iranse modificando segundo pase o tempo seguindo de xeito automático a realidade da concentración de avisos nas diferentes zonas de Galicia.
Agora que contamos co simulador, será posible comparar o número de quilómetros e animais recollidos en calquera semana do pasado cos quilómetros que teriamos recorrido usando a planificación automática con diferentes parámetros.
2. Resultados en detección automática de actividades mediante aplicación móbil
Dunha banda en GESUGA se ten desenvolvido unha aplicación android avanzada que serve como axenda do traballo a realizar por cada condutor. Nesa aplicación o condutor recibe os avisos a recoller. Esa aplicación esta plenamente integrada no traballo diario.
Doutra banda o CITIC desenvolveu unha aplicación móbil para detectar o tipo de movemento que fai quen porta o smartphone. Esa aplicación usa un algoritmo de clasificación automática, que analiza os sensores do móbil (acelerómetro, e GPS) e deduce o tipo de movemento que fai. Consideramos catro tipos de movemento: conducindo, camiñando, parado e inactivo. Ademais esa aplicación envía as posicións de GPS do dispositivo, o que permite non so saber a posición de cada camión en tempo real senón tamén usar eses datos para o seu análise e detección da actividade que se esta realizando. E dicir, a información do GPS mais a do tipo de movemento xa detectado no propio móbil, son a entrada a un algoritmo que percorre unha árbore de decisión que permite finalmente asociar a cada instante da traxectoria dun camión unha das seguintes etiquetas de actividade:
- Condución fluída en ruta planificada
- Condución lenta en ruta planificada
- Condución fluída fóra de ruta planificada
- Condución lenta fóra da ruta planificada
- Descanso na condución
- Parada corta (menor de 15 minutos) non identificada
- Recollida do aviso
- Traballo nas instalacións de GESUGA
- Actividade non identificada
- Sen actividade
Actualmente esta aplicación esta en fase de proba de campo nalgúns camións antes de instalala nos móbiles que todos os condutores usan para recibir os avisos.
3. Representación e almacenamento eficiente de traxectorias.
Se ten deseñado e implementado unha aplicación que accede a información histórica das traxectorias de todos os camións en calquera data do pasado e facilita a explotación da información sobre as rutas realizadas e as actividades e o tempo dedicado a cada unha delas.
Esa aplicación plenamente funcional é un prototipo que actualmente utiliza unha bases de datos espacial PostGis para o almacenamento eficiente do histórico de traxectorias. Sen embargo os investigadores do CITIC están deseñando unha estrutura de datos compacta que facilitará o almacenamento de todas as rutas e das actividades feitas por cada condutor en cada instante de xeito comprimido de modo que será posible almacenar en moito menos espazo toda esa información no futuro. Esa estrutura esta xa implementada e está sendo avaliada experimentalmente antes de usala para substituír a actual base de datos espacial.
Unha vez que a aplicación móbil teña sido probada e axustada segundo indiquen as probas de campo e a estrutura de datos compacta teña substituído a base de datos espacial de rutas, incluiremos a interface de explotación histórica de rutas e actividades na nosa aplicación.
Resultados da difusión do proxecto
https://codigocero.com/O-CITIC-presenta-o-proxecto-GEMA-ante-o-tecido-innovador-galego
https://codigocero.com/Presentase-no-CITIC-o-proxecto-GEMA-financiado-por-GAIN-a-traves-de-Conecta
https://cadenaser.com/emisora/2019/07/29/radio_coruna/1564417988_053616