Sede Central: Cerceda. A Coruña
En Cerceda (A Coruña) están situadas as instalacións principais de Gesuga.
Autorización SANDACH planta de transformación categoría 1 S15024001
Autorización SANDACH planta de transformación categoría 2 S15024001
Atópanse aquí:
Oficinas centrais
Planta de transformación de categoría 1
Planta de transformación de categoría 2
Planta intermedia de categoría 1
Planta intermedia de categoría 2
Parcela de 40.000 m2 cunha superficie construída de 8.000 m2 (7.000 m2 de planta e 1.000 m2 de oficinas)
Lg. de Areosa, s/n – Queixas
15186 – Cerceda – A Coruña
Telf: +34981688181 – Fax: +34981688180
GPS: N 43º 08,014′ W 8º 27,787′
Neste lugar é onde, previamente ao proceso de transformación, se recepciona toda a mercadoría.
Os subprodutos que se recepcionan como CATEGORÍA 1, antes da transformación, faise unha separación dos animais que han de ser mostrexados, seguindo a orde PRE/2493/2011 do 16 de setembro, polo que se establece e regula o Programa Integral coordinado de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles dos animais, en caso de bovinos maiores de 24/48 meses ou de ovinos que superen os 18 meses. Para efectuar esta mostraxe séguese o protocolo indicado polos Servizos Veterinarios Oficiais. Son as Autoridades Sanitarias as que posteriormente proceden á inspección, clasificación e envío destas mostras ao laboratorio de referencia para a súa análise. A continuación os subproductos son enviados á planta de transformación de categoría 1.
Seguindo o Método 4 do regulamento para a transformación de subproductos animais de categoria 1, GESUGA deseñou esta planta cunha capacidade de produción de 20.000 quilos á hora.
Os subprodutos que se recepcionan como CATEGORÍA 2, son enviados, desde a planta intermedia de categoría 2, á planta de transformación de categoría 2.
Seguindo o Método 4 do regulamento para a transformación de subproductos animais de categoría 2, GESUGA deseñou esta planta cunha capacidade de produción de 10.000 quilos á hora.