Política medioambiental
En GESUGA levamos a cabo un importante labor de protección do noso medio ambiente garantindo a seguridade da saúde pública e da cadea alimentaria, nace como solución ao problema ambiental de enterramento de cadáveres animais no territorio galego. No seu firme compromiso coa protección do Medio Ambiente ha implantado un Sistema de Xestión Ambiental conforme aos requisitos da norma internacional ISO 14001.
Con este instrumento ponse en manifesto a vontade da empresa para mellorar o seu comportamento ambiental alcanzando un compromiso de minimización da contaminación que as nosas actividades poidan xerar a través da redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, mediante o establecemento de obxectivos e metas e a avaliación ambiental sistemática e periódica do Sistema de Xestión, establecer obxectivos de reducir progresivamente as emisións mediante a aplicación das mellores técnicas dispoñibles.
Para o inicio das actividades GESUGA recibiu por parte das autoridades competentes unha Autorización Ambiental Integrada ( AAI), unha figura de intervención administrativa que establece as condicións ambientais necesarias para a explotación das actividades e instalacións contempladas no Anexo I da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, nela inclúese todos os aspectos ambientais e aqueloutros relacionados que consideren as autoridades de acordo coa lexislación básica estatal e as correspondentes autonómicas.
Política enerxética
Conscientes da importancia da eficiencia enerxética apostouse pola implantación dun sistema de xestión enerxética en todas as actividades da empresa co fin de adquirir un compromiso de mellora continua do desempeño enerxético, mediante a mellora na xestión dos consumos enerxéticos, fomentando o uso eficiente da enerxía e o aforro enerxético mediante o emprego das mellores técnicas dispoñibles, mellorar os hábitos de consumo de enerxía en canto o aforro da mesma revértese entre os traballadores e calquera das persoas alleas á empresa que empreguen as súas instalacións e reducir os gases de efecto invernadoiro emitidos.
Sustentabilidade do produto
GESUGA incorporou a certificación ISCC, para as graxas animais transformadas de categoría 1 obtidas no noso proceso. ISCC é o primeiro sistema internacional que certifica conforme á Directiva Europea de Enerxías Renovables (2009/28/CE) que o noso produto cumpre cos estándares de sustentabilidade establecidos e o seu uso contribúe ao aforro e gases de efecto invernadoiro.
GESUGA conta co Certificado de Conformidad Nº IT20/1106, dando cumprimento do Sistema Nacional Italiano (NIS) de Certificación de Sostenibilidade de Biocombustibles e Biolíquidos, establecido polo Decreto italiano de 14 de novembro de 2019.
Contribuíndo á produción de enerxía renovable
No ano 2023, no aparcadoiro na sede de Cerceda, instalaronse 2 cargadores electricos de 7,4 kW depotencia, para dar servicio ó parque dos vehiculos electricos.
Programa MOVES III. Programa Estatal de Incentivos á Mobilidade eléctrica.
No ano 2018 instaláronse na sede de Cerceda un total de 753 módulos fotovoltaicos para unha produción enerxética anual de 244.976,68 kWh.
https://www.eidfsolar.es/proyectos/instalacion-autoconsumo-gesuga/
En 2022 ampliouse a instalación fotovoltaica para autoconsumo industrial cun total de 624 módulos de 199,68 kWp. Grazas a esta instalación de placas solares, GESUGA xera unha produción enerxética anual de 268.142 kWh, o que suporá un aforro anual do 16,3% e evitará a emisión á atmosfera de 1.270,6 toneladas de CO2 anuais. O equivalente en árbores plantadas para este proxecto é de 5.091.
https://www.eidfsolar.es/proyectos/gesuga/
INFORME DE INSTALACIÓNS SUPERIORES A 100 KW
GASIFICACIÓN H.C.H. C.1
PROXECTO: INSTALACIÓN DE COINCINERACIÓN (PLANTA DE GASIFICACIÓN + COMBUSTIÓN) DE FARIÑAS DE CARNE E ÓSO DE CATEGORÍA 1, PARA O APROVEITAMENTO DO SYNGAS NOS TERMOXIDORES ACTUAIS
OBXECTO DO PROXECTO
Utilización dun subproduto de categoría 1 mediante a coincineración das fariñas cárnicas de categoría 1, co único obxectivo de aproveitar a enerxía das fariñas, como combustible, obtida no proceso, para introducir, nos actuais TERMOXIDADORES, o gas de síntese obtido pola gasificación das fariñas, a través do cal se utiliza a calor nas caldeiras de recuperación instaladas para xerar o vapor que requiren as actuais plantas de transformación de categoría 1 e 2.
Con esta instalación prevese unha reducción de 6.000 toneladas de CO2 anuais.
Acceso á descripción do proxecto
Información sobre o rendemento Ambiental
GESUGA reforzou o seu compromiso co medio ambiente coa implantación da norma ISO 14001:2015 na que analizou o impacto ambiental da súa actividade e, en función do Ciclo de Vida dos servizos prestados, determinou os seus Aspectos Ambientais Significativos para os que estableceu obxectivos internos baseados na redución do consumo derivado dos recursos naturais, na redución das emisións contaminantes á atmosfera, etc. Dende este compromiso, GESUGA quere implicar a todos os interesados para que coñezan o traballo que se está a realizar a nivel interno. Aqueles aspectos da empresa con maior transcendencia en canto ao impacto ambiental pola súa toxicidade ou o seu consumo durante o desenvolvemento da actividade da empresa no período anterior son: a xeración de residuos, así como os consumos eléctricos, térmicos e derivados do transporte. GESUGA ten establecidos actualmente obxectivos para mellorar o seu comportamento ambiental