I. Información Xeral
GESUGA S.L, con enderezo social en Areosa s/n – Queixas – Cerceda – 15186 – A Coruña – España, C.I.F. B15862667 e inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 2662, folio 185, folla C30065. Inscrición 1ª, con obxecto social recollida e tratamento de residuos non perigosos.
A utilización deste sitio web atribúe ao navegante a condición de Usuario do sitio, o cal implica a adhesión ás presentes condicións na versión publicada no momento en que se acceda ao mesmo. Por elo, a GESUGA PwC recomenda ao Usuario ler as mesmas atentamente cada vez que acceda ao sitio web.
O acceso a determinados Contidos ofrecidos a través deste sitio web pode encontrarse sometido a certas condicións particulares propias que, segundo os casos, substitúen, completan e modifican estas condicións xerais. Polo tanto, con anterioridade ao acceso e utilización dos devanditos Contidos, o Usuario deberá ler atentamente tamén as correspondentes condicións particulares.
GESUGA poderá alterar en calquera momento e sen previo aviso o deseño, presentación e configuración do sitio web, así como algúns ou todos os Contidos, e modificar as condicións xerais e condicións particulares requiridas para o uso dos mesmos.
II. Acceso e Seguridade
Con carácter xeral, os Usuarios poderán acceder ao Sitio web de forma libre e de balde. Porén, GESUGA resérvase, conforme á lexislación vixente, o dereito de limitar o acceso a determinadas áreas do sitio web (área de profesionais). Nestes casos, como requisito previo para poder acceder ao servizo, o Usuario deberá rexistrarse facilitando toda a información solicitada, de forma actualizada e real (véxase política de privacidade).
O Usuario elixirá o seu propio identificador e contrasinal. Para a elección do identificador, o Usuario non poderá optar por expresións, palabras ou conxuntos de letras que podan resultar insultantes, inxuriosos ou contrarios á lei, á moral e aos bós costumes. De igual xeito, tampouco poderá utilizar marcas, rótulos de establecementos, expresións publicitarias, nomes e pseudónimos de personaxes públicos ou coñecidos sen a súa autorización. GESUGA asignará o identificador seleccionado polo Usuario, sempre e cando non fora previamente seleccionado por outro Usuario.
O uso do contrasinal é persoal e intransferíbel, non estando permitida a cesión, nen siquer temporal, a terceiros. En tal senso, o Usuario comprométese a facer un uso dilixente e a manter en segredo a mesma, asumindo toda responsabilidade polas consecuencias da súa divulgación a terceiros.
No suposto de que o Usuario coñeza ou sospeite do uso do seu contrasinal por terceiros, deberá poñer tal circunstancia en coñecemento de GESUGA coa maior brevidade.
O Usuario perderá os identificadores seleccionados transcorridos seis meses sen ter feito uso do mesmo para calquera dos Contidos de GESUGA, podendo ser seleccionado por un novo Usuario.
III. Utilización dos Contidos
O Usuario comprométese a non utilizar calquera dos Contidos que GESUGA poña á súa disposición para desenvolver actividades contrarias ás leis, á moral ou á orde pública e, en xeral, a facer un uso conforme ás presentes condicións xerais.
Os materiais preparados por GESUGA a disposición dos usuarios neste sitio web, realizáronse unicamente con fins informativos. O usuario deberá ter en conta que tales materiais puideran non conter as últimas actualizacións. A súa modificación ou supresión poderá realizarse por GESUGA sen aviso previo. Non se derivará efecto vinculante algún de calquera información que se provea a través deste sitio web.
Os materiais que se poden consultar a través deste sitio web, ou que se ofrecen a través do mesmo, non poderán ser considerados como constitutivos de relación profesional de calquera índole co usuario. O usuario non debe actuar sobre a base dos materiais do presente sitio web.
Cando GESUGA preste servizos aos Usuarios que, en calquera forma, permitan a divulgación de contidos por parte do Usuario a través do sitio web, tales como listaxes de distribución, chats, newsgroups, aloxamento de páxinas persoais etc. (en adiante, “servizos activos”), os Usuarios obríganse a facer un uso dos mesmos conforme á lei, as presentes condicións, as condicións particulares de prestación do servizo, a moral, os bós costumes e a orde pública.
En particular, a título meramente enunciativo e non exhaustivo, considerarase terminantemente prohibido o uso do sitio web cos seguintes fins ou consecuencias
Cando, en calquera forma se violen ou menoscaben dereitos fundamentais e liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, nos tratados internacionais ou no resto do ordenamento xurídico.
Cando se induzan actuacións delictivas, denigratorias, difamatorias, infamantes, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, a moral, aos bós costumes e á orde pública.
Cando se induzan actuacións, actitudes ou ideas discriminatorias por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición.
Cando se incorporen, poñan a disposición ou permitan acceder a produtos, servizos, actividades ou xéneros cuxa importación, exportación, circulación, tenza, comercio ou produción estea prohibida polas normas do país cuxa lexislación sexa aplicábel en cada caso e, especificamente, os produtos, servizos, actividades ou xéneros incluídos na listaxe que a continuación se detalla e os de carácter análogo ou natureza similar, salvo que os suxeitos que exercen un tráfico sobre eles, estean debidamente autorizados.
GESUGA non se responsabiliza do uso que cada usuario dea aos materiais postos a disposición deste sitio web nen das actuacións que realice en base aos mesmos.
GESUGA resérvase o dereito de excluír ao Usuario do servizo activo, sen previo aviso, en caso de que leve a cabo algunha das actividades anteriores e a exercitar as accións legais que considere oportunas. En calquera caso, GESUGA non ten a obriga de controlar e non controla os contidos transmitidos, difundidos ou postos a disposición de terceiros polos Usuarios, salvo os supostos en que así o esixa a lexislación vixente ou cando sexa requirido por unha Autoridade Xudicial ou Administrativa competente.
Calquera anuncio ou comentario, opinión, declaración ou recomendación realizado dentro dos servizos activos pertencerán exclusivamente aos Usuarios que expresen os referidos puntos de vista e en ningún caso se entenderá que proveñen de GESUGA, manténdose esta indemne e libre de cargas ante calquera reclamación que xurdira pola utilización destes servizos activos por un Usuario na maneira en que se prohibe neste contrato ou na lei.
IV. Servizo
GESUGA resérvase o dereito a interromper o acceso ao seu sitio web, así como a prestación de calquera ou de todos os Contidos que se prestan a través do mesmo en calquera momento e sen previo aviso, xa sexa por motivos técnicos, de seguridade, de control, de mantemento, por fallos de subministro eléctrico ou por calquera outra causa. Esta interrupción poderá ter carácter temporal ou definitivo, en cuxo caso comunicarase tal circunstancia aos Usuarios, quenes poderán sufrir a perda, no seu caso, da información almacenada nos distintos servizos.
En consecuencia, GESUGA non garante a fiabilidade, a dispoñibilidade nin a continuidade do seu sitio web nin dos Contidos, polo que a utilización dos mesmos por parte do Usuario lévase a cabo pola súa propia conta e risco, sen que, en ningún momento, podan esixirse responsabilidades a GESUGA neste senso.
Con relación aos servizos activos ou a calquera outro Contido para o que sexa preceptivo o rexistro, GESUGA poderá extinguir as contas e eliminar os Contidos e información dos Usuarios por razóns de inactividade ou inutilización dos mesmos. En concreto, GESUGA poderá extinguir as contas e eliminar os arquivos se transcorren máis de 6 meses desde a inscrición sen acceder ao citado Contido.
V. Responsabilidade
GESUGA non será responsábel no caso de que existan interrupcións do servizo, demoras, erros, mal funcionamento e, en xeral, desvantaxes que teñan a súa orixe en causas que escapan do control de GESUGA, ou debidas a unha actuación dolosa ou culposa do Usuario e mesmo teñan por orixe causas de forza maior.
Sen prexuízo do establecido no artigo 1105 do Código Civil, entenderanse incluídos no concepto de forza maior, ademais, e a os efectos das presentes condicións xerais, todos aqueles acontecementos acaecidos fóra do control de GESUGA, tales como: fallo de terceiros, operadores ou compañías de servizos, actos do Goberno, falta de acceso a redes de terceiros, actos ou omisións das autoridades públicas, aqueles outros producidos como consecuencia de fenómenos naturais, apagóns etc. e o ataque de Hackers ou terceiros especializados á seguridade ou integridade do sistema informático, sempre que GESUGA teña adoptado todas as medidas de seguridade existentes de acordo co estado da técnica.
En calquera caso, sexa cal for a súa causa, GESUGA non asumirá responsabilidade algunha xa sexa por danos directos ou indirectos, dano emerxente e por lucro cesante. GESUGA terá dereito, sen que exista indemnización algunha ao Usuario por estes conceptos, a suspender temporalmente os servizos e Contidos do sitio web para efectuar operacións de mantemento, mellora ou reparación dos mesmos.
GESUGA non se responsabiliza de contidos e opinións de terceiros vertidos no seu sitio web nin da información contida en Páxinas web de terceiros ás que se poida acceder por Enlaces ou buscadores do sitio web, posto que a función destas é informar ao Usuario sobre a existencia de outras fontes de información sobre a materia en Internet, onde poderá ampliar os datos ofrecidos nesta web, e en ningún caso supón suxerencia, invitación ou recomendación sobre os mesmos. Por todo elo, GESUGA non será responsábel do resultado obtido a través dos referidos enlaces de hipertexto.
GESUGA non se responsabiliza do uso que cada usuario dea aos materiais postos a disposición deste sitio web nen das actuacións que realice en base aos mesmos.
GESUGA non se fai responsábel pola utilización que o Usuario realice dos servizos e produtos do sitio web nen dos seus contrasinais, así como de calquera outro material do sitio web, infrinxindo os dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou calquera outro dereito de terceiros. No caso de que existiran Contidos para adultos, é responsabilidade do Usuario ou dos seus representantes legais limitar o acceso aos menores de idade que estean ao seu cargo cos mecanismos que o propio navegador de Internet ou outros servizos de terceiros poñen á súa disposición.
GESUGA non asume ningunha responsabilidade polos danos que podan causaren nos equipos dos Usuarios posíbeis virus informáticos contraídos polo Usuario a causa da súa navegación no sitio web, ou por calquera outro dano derivado desa navegación.
GESUGA non ofrece ningunha garantía en relación coa continuidade ou ausencia de erros en ningún dos Contidos accesíbeis a través do seu sitio web, ademais de non garantir a corrección de calquera defecto ou a ausencia de virus e demais compoñentes prexudiciais no presente sitio web ou no Servidor que o subministra.
GESUGA non se fai responsábel da veracidade, falta de utilidade ou adecuación para un uso específico do presente sitio web nin dos Contidos; da perda de datos ou servizos como consecuencia de calquera retraso, falta de entrega, entrega incorrecta dos produtos expostos ou interrupción do servizo; da exactitude, calidade ou natureza da información obtida a través dos seus Contidos. A aplicabilidade de calquera dos aspectos do Contido do presente sitio web débese consultar cun especialista da área específica.
En calquera caso, a información proporcionada neste Sitio web esta dirixida a complementar e non a substituír o asesoramento que en todo caso débese obter directamente de profesionais contábeis, fiscais, legais ou outros competentes. GESUGA aconsella ferventemente a consulta a un profesional na materia antes de tomar unha decisión ou realizar unha determinada actuación.
O Usuario responderá dos danos e prexuízos de toda natureza que GESUGA poda sufrir como consecuencia do incumprimento de calquera das obrigas ás que queda sometido por estas condicións ou ás condicións particulares que sexan de aplicación.
VI. Publicidade
Parte do sitio web pode albergar contidos publicitarios ou estar patrocinado. Os anunciantes e patrocinadores son os únicos responsábeis de se aseguraren que o material remitido para a súa inclusión no sitio web cumpre coas leis que en cada caso podan ser de aplicación. GESUGA non será responsábel de calquera erro, inexactitude ou irregularidade que podan conter os contidos publicitarios ou dos patrocinadores.
En todo caso, para interpoñer calquera reclamación relacionada cos Contidos publicitarios inseridos neste sitio web pódese dirixir ao teléfono de atención ao cliente (981 688 181), ou ben a remitila mediante o formulario web existente na sección de “Contacto”, dirixida ao seguinte enderezo de correo electrónico: gesuga@gesuga.com.
VII. Propiedade Industrial e Intelectual
Dereitos de propiedade intelectual e industrial son todos os dereitos recoñecidos pola lexislación de propiedade intelectual que teñan carácter patrimonial ou de explotación para calquera finalidade e para calquera modalidade de uso, así como todos os dereitos recoñecidos pola lexislación de propiedade industrial, incluídos en ambos casos a facultade de solicitar os rexistros e inscricións oportunos para a obtención ou protección destes dereitos (en adiante, os “Dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial”).
Queda estritamente prohibida a utilización de todos os elementos obxecto de propiedade industrial e intelectual con fins comerciais así como a súa distribución, modificación, alteración ou descompilación.
A infracción de calquera dos citados dereitos pode constituír unha vulneración das presentes disposicións, así como un delito castigado de acordo cos artigos 270 e seguintes do Código Penal.
A publicación de mensaxes, páxinas web, almacenamento de arquivos ou a comunicación pública de calquera outro contido a través do sitio web de GESUGA supón o recoñecemento a favor deste dunha licenza de balde coa máxima amplitude que permita o ordenamento xurídico que resulte de aplicación, non exclusivo e a nivel mundial para utilizar, copiar, sublicenzar, adaptar, transmitir, executar ou divulgar publicamente calquera destes contidos, e sublicenzar a terceiros o exercicio de calquera dos anteriores dereitos, xa sexa total ou parcialmente.
As reclamacións que puideran interporse polos Usuarios en relación con posíbeis incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial sobre calquera dos Contidos deste sitio web deberán dirixirse ao seguinte enderezo de correo electrónico: gesuga@gesuga.com.
VIII. Exercicio dos Dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición
Por último, comunicámoslle que pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante petición escrita dirixida ao seguinte enderezo de correo electrónico: gesuga@gesuga.com.