Centros Loxísticos: Lugo e Ourense
Para un completo servizo de recollida de subprodutos, SANDACH, nas explotacións gandeiras na nosa comunidade, Gesuga construíu 2 Plantas Intermedias:
En Vilamarín, Ourense, que servirá de base ás rotas de recollida da provincia de Ourense, Sur de Lugo e parte de Pontevedra.
Parcela de 5.700 m2 cunha superficie construída de 650 m2.
Parque empresarial Vilamarín
Parcelas 44-45 – Ourense
Telf y Fax: +34988202200
GPS: N 42º 41,926′ W 7º 20,918′
En Outeiro de Rei, Lugo, que servirá de base ás rotas de recollida da práctica totalidade da provincia de Lugo.
Parque empresarial Matela – S1
27150 – Outeiro de Rei – Lugo
GPS: N 43º 11,720′ W 7º 59,421′
Este proxecto supón unha mellora na loxística da recollida e, o que é máis importante, unha mellora nas medidas de bioseguridade do proceso, xa que se reduce o número de camións que se desprazan até a planta de transformación en Cerceda diminuíndo con iso o risco de contaminación.
Os camións procedentes dos distintos roteiros de recollida chegan á planta intermedia a primeira hora da tarde, tras o pesado e control documental descargan no foxo, sobre un camión trailer con bañeira que traslada os subprodutos animais á planta de transformación situada en Cerceda.
Posteriormente todos os vehículos son lavados e desinfectados no centro de lavado e desinfección situado no interior da nave.
Á parte, e para o tratamento das augas residuais do proceso, construíuse unha depuradora con capacidade de tratamento de 20m3/día.